Proxectiños de xaneiro

domingo, xaneiro 28

Este mes de xaneiro que logo remata comezamos dous proxectiños,  proxecto do nome no que estamos facendo xogos e manualidades para coñecer as vogais e consonantes dos nosos nomes e tamén dos compañeiros. Está semana construimolos con plastilina.
Ademais deste proxecto tamén iniciamos proxecto "o can" pois o noso compañeiro Liam presentounos dous canciños que ten na casa do avó. Sira e Dory, ensinounos fotos de como foron crecendo, dos seus pais, e dos seus irmáns. Logo da visita dos cans a aula falamos do que sabemos deles e do que nos gustaría saber, como xa sabedes iniciamos o proxecto, xa vos contarei máis adiante como se foi desenvolvendo.

Volta ao cole!

domingo, xaneiro 14

Nestas semanas de volta ao cole a adaptación das nenas e nenos foi bastante boa. Nestes días comezamos o proxecto do nome do que xa vos darei máis información, polo de agora comezamos xogando co noso robot, o xogo consistía en recoñecer cada un o seu nome e mover o kkuribot ata el.

Tamén recibimos un agasallo para a aula feito polas nenas e nenos de secundaria no taller de tecnoloxía.

Cousiñas previas ao nadal




Mates robotizadas!

xoves, novembro 23

Nesta semana as nenas e nenos de 3 anos estiveron practicando o recoñecemento de cantidades e grafías numéricas usando o robot kkuribot.
Nesta actividade tiñan tarxetas nas que aparecían obxectos ( un, dou, tres, catro) eles tiñan que contar os obxectos da tarxetas e relacionalos con número (grafía) que estaba no panel. Para chegar a esa grafía tiñan que usar o robot, desta forma tiñan  que contar cantos cadros tiñan que movelo e se precisaban xirar a dereita ou a esquerda.
Parece complexo para que eles o executen soiños pero entendérono bastante ben, por suposto cando había que imaxinar moitos movementos tiveron algo de axuda pero si foron capaces de razoar se o  tiñan que mover para diante, para a dereita ou para a esquerda.
Neste vídeo non aparecen tódolos nenos pois tiven algún que outro problema co enfoque da cámara pero a actividade si que a fixeron todos.
Agora logo deste primeiro acercamento imos traballar por grupos na hora que está no horario como robot/plastilina, estes grupos van a ser grupos de aprendizaxe coooperativo e xogaran un par de grupos por semana, o que equivale maís ou  menos entre 8 e 10 nenos e o resto estaría coa platilina.
Espero que vos guste a actividade.
RECORDADE SUBIR A CALIDADE DO VÍDEO NA RODIÑA!

Outono e Magosto

luns, novembro 13

Fai cousa dun mes solicitei a vosa colaboración para crear un recuncho de outono e facer un pequeno proxecto desta época a partir das cousiñas que as nenas e nenos buscaran no campo.
Teño que dicir que estou realmente impresionada do moito que traballástedes e do bonito que quedou todo, encantaronme os vosos traballos, gracias por colaborar.
A continuacíón deixo unha presentación dos vosos materiais explicados polos nenos e un vídeo do magosto, no magosto só puidemos comer as castaña pois chovia, outro día faremos os xogos populares..
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free slideshow design

SAMAÍN 2017

martes, outubro 31

Este samaín pasámolo xenial! bailamos, comimos doces, abrimos e pintamos unha cabaza, limos e vimos o video de "Corre corre cabaciña", rematamos o cestiño para o "truco e trato" e para rematar a mañá xogamos co teacher a coñecer as costumes de Halloween, o único que nos quedou pendente foi inventar historias de medo cos dados de Samaín, farémolo o xoves con máis calma.(Recordade aumentar a calidade do vídeo.)

SAÍDA AO TEATRO

sábado, outubro 21

Está semana fumos ao teatro a ver Contacreques, contos con monicreques baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garavanciño e O zapateiro e os trasnos; ao comezar a obra quedaron todos abaiados e en completo silencio, acompañaron a música con palmadas e xa ao final bailaron co trasno que facía os zapatos. En xeral gustoulles a todos, algún asustouse cando o boi comeu a garbanciño pero foi só un momento.
As fotos que vos deixo son do traxecto en bus e da chegada ao teatro, algúnha vese borrosa pero chegamos moi xustos e había que comezar a obra.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow

Cri cri..

martes, outubro 17

Un griliño apareceu na nosa aula fai dúas semanas, comezamos a facer pregunas sobre el e comezamos un pequeno proxectiño para saber o que comen, como "cantan", quen canta se o macho ou a femia.. onde viven.. 

Estes días o bo tempo segue con nosoutros por iso xogamos moito no parque, en especial no areeiro que lles encanta, supoño que todos tedes algo del nas vosas casas!!



Tamén fixemos manualidades de outono, unha árbore coas nosas mans e debuxámonos nosoutros debaixo (debuxamos  o noso corpo). Seguindo co outono o noso compañeiro Fabián trouxo da casa da súa avoa unha cestiña con froitos de outono e follas do que nós estivo contando como os recollera.

ÚLTIMA SEMANA DE SETEMBRO

sábado, setembro 30

Nesta última semana de setembro aproveitamos o bo tempo para sair un par de días a zona de arboredo do centro.
Un día sentamos no campo para ler "Os chibos chibóns" e patexar coma eles pola ponte do ogro...

O xoves preparamos un pequeno obradoiro de lóxico-matemáticas facendo  unha serie, cada nena e neno tiñan dúas formas con distintas cores, nunha primeira serie tiñan que colocar as cores por orde segundo o patrón e noutra as formas. O tempo fíxosenos escaso polo que imos ter que volver para facelo con máis calma.
Ademais do vídeo cos peques  fágovos a proposta de lectura do mes de outubro.
 

2º SEMANA NO FEAL

sábado, setembro 23

Esta segunda semana foi xa un pouquiño máis dura que a primeira, ao ter que estar máis tempo no cole fíxolles máis longa, ainda así pasámolo moi ben, pintamos murais e follas, pegamos gomets, lemos contos, saímos ao parque todos xuntos, bailamos "Rosalía pequeniña",  volvimos a presentarnos coa dinámica da pelota, merendamos no cole por primeira vez, recollimos follas e vimos cabras e ovellas!! pero por suposto tivemos tempo para xogar un pouquiño cada día pois iso é que máis os gusta!
A continuación deixo un vídeo con algunhas desta cousiñas, acordádevos de subir a calidade para velo mellor, espero que vos agrade.
 
FREE BLOGGER TEMPLATE BY DESIGNER BLOGS